
A presente lei pretende constituír un texto integrador que permita desenvolver, nun corpo normativo único, a diversidade de disposicións de accesibilidade, que unifique, coordine e estableza os criterios de aplicación, execución e control, de acordo cos criterios de proporcionalidade e axustes razoables, no marco das condicións establecidas pola lexislación básica estatal e as directrices internacionais.
Regulará unhas condicións básicas de accesibilidade e non discriminación que garantan uns mesmos niveis de igualdade de oportunidades a todas as persoas con discapacidade, sinalando que tal regulación será gradual no tempo e no alcance e contido das obrigacións impostas e abarcará todos os ámbitos e áreas das enumeradas no artigo 5.
Por todo o exposto, a presente Lei de accesibilidade de Galicia ten como obxectivos conseguir unha sociedade inclusiva e accesible que garanta a autonomía das persoas, evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para toda a cidadanía, especialmente para as persoas que teñen discapacidades, nun marco demográfico tendente ao incremento da esperanza de vida e ao envellecemento da poboación; dispor dun marco normativo propio, simplificado e eficiente, en materia de accesibilidade, adecuado ás directrices internacionais e estatais, no exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia; e facer realidade o concepto de accesibilidade e deseño para todos, nos procesos, proxectos, produtos e servizos, de modo que se facilite o uso universal, con plena seguridade, do medio físico, evitando gastos posteriores de eliminación de barreiras.
Máis información.- Código de la vivienda de Galicia