Fianzas dos alugueiros

Estatísticas das fianzas dos alugueiros

A Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, obriga ao depósito das fianzas dos contratos de arrendamento de predios urbanos que se destinen a vivenda ou a uso distinto do de vivenda. As estatísticas presentadas nesta sección corresponden aos datos do rexistro destes depósitos de alugueiros de vivendas do IGVS. 

Na análise das estatísticas presentadas a continuación, convén considerar que no rexistro non sempre coincide a data de sinatura do contrato de alugueiro coa data na que se fai efectivo o depósito, polo que nas estatísticas se diferencia entre: o mes/ano do contrato (refírese á data na que se asina o contrato) e o mes/ano do depósito (refírese á data na que a parte arrendadora deposita a fianza).

En abril do 2019 actualízanse os datos relativos á poboación co Nomenclátor do 2018.

Documento.- Táboas de datos en folla de cálculo (setembro 2019)

Estatísticas anteriores.- Agosto 2019. Xullo 2019Xuño 2019Maio 2019. Abril 2019.Marzo 2019. Febreiro 2019Xaneiro 2019Decembro 2018Novembro 2018Outubro 2018Setembro 2018Agosto 2018Xullo 2018.