Os alugueiros subiron un 6,7% de media en Galicia nos últimos cinco anos

Os alugueiros subiron un 6,7% de media en Galicia nos últimos cinco anos

O Instituto Nacional de Estadística, publicou este martes por primeira vez, una nova estadística oficial que pretende medir a evolución dos prezos da vivenda en alugueiro. Con tal fin, toman como base datos da Axencia Estatal da Adminisrtación Tributaria (AEAT) e céntranse exclusivamente nas vivendas que permanecen alugadas, polo menos, durante dous anos consecutivos.

Tomando como base o ano 2020, o aluguer en Galicia subiu un 6.7% dende o ano 2015. Durante estes anos, Pontevedra foi a provincia que experimentou a maior alza dos prezos, que subiron ata un 7,2% de media, seguida de A Coruña, onde os precos encarecéronse un 6,8% nestes últimos cinco anos. Análogamente, en Lugo o coste dos arrentamentos creceu nun 5,3% e en Ourense rexistrouse un alza dun 5,9%. As porcentaxes do solo galego son moito máis baixas da media nacional, onde as rendas dos alugueiros subiron de media un 10.9%.

 

Se analizamos o comportamento anual, os prezos da vivenda en alugueiro subiron no 2020 un 0,9 % con respecto a un ano antes. E isto supón a menor alza rexistrada desde o ano 2015. Para iso basta con comezar a estudar que sucedeu en 2016, cando empezou a súa particular tendencia alcista encarecéndose un 1,7 %; pero sobre todo se tomamos como referencia o ano 2019 (un ano antes de estalar a pandemia) cando estes prezos crecían un 3,5 % con respecto ao ano anterior. Durante o 2020, o 35,6 % das vivendas alugadas non variaron o seu prezo con respecto ao 2019, mentres que o 23 % baixárono. Alén da balanza, un 41,4 % dos arrendatarios optaron por aumentar o prezo das súas casas en réxime de alugueiro e, segundo os datos que publica o INE, a metade deles fixérono por baixo do 5 % e un de cada tres por encima do 10 %.

Fonte | La Voz de Galicia