Páxina web áreas de rehabilitación integral (ARI)

A seguinte ligazón dá acceso á páxina web das áreas de rehabilitación integral (ARI), que conforman a base principal das actuacións de rehabilitación en contornos urbanos por parte do IGVS xunto coa colaboración dos concellos.

Na web pódese consultar información de todas as ARI de Galicia e, especialmente, das ARI dos Camiños de Santiago.

Ligazón.- Páxina web áreas de rehabilitación integral (ARI)

Visor web

Esta ferramenta amosa a delimitación climática de arquitectura pasiva, que permite adoptar as solucións máis axeitadas de acordo coa localización específica do edificio e que, polo tanto, será unha ferramenta importante.

Ligazón.- Visor web

Base de datos da construción de Galicia (BDC)

A BDC é unha ferramenta de traballo destinada aos axentes vinculados ao sector da construción para a elaboración de presupostos de obra ou como elemento de consulta. Contén os prezos básicos -maquinaria, man de obra, produtos e materiais- e unha parte importante das unidades de obra empregadas en edificación, urbanización -obra civil, restauración, mantemento e seguridade- e saúde laboral. A maioría dos prezos contidos son paramétricos. Tamén inclúe pregos de condicións, gráficos e textos que poden empregarse ao desenvolver un proxecto.

RehaVIta 2016-2020. O plan de Galicia

O Plan rehaVIta, aprobado polo Consello da Xunta,  define as liñas estratéxicas das políticas públicas en materia de vivenda e suporá mobilizar máis de 600 millóns de euros, cunha previsión de beneficiar a máis de 152.000 galegos.Documento.- Plan rehaVIta 2016-2020